O concurso de tapas do San Simón supera os 20.000 votos emitidos

A sexta edición do concurso de tapas elaboradas con queixo de San Simón chega hoxe á súa fase final coa entrega, na Festa do Queixo de San Simón da Costa, dos premios ás mellores propostas, tanto na modalidade de tradicional como de creativa, nas que o público e un xurado profesional outorgarán un premio en cada unha. O certame chega ao seu fin tras dez días de propostas culinarias en Vilalba, para as que se emitiron máis de 20.000 votos, segundo a organización.

Esta cifra supón unha marca en canto ao número de papeletas cubertas polo público para votar as 43 receitas que se propuxeron este ano -dez máis que en 2012-, das que 4 incluíanse na modalidade creativa e, o resto, na tradicional. «Había impresas 20.000 papeletas y no llegaron. Hay votos en servilletas», explicaron desde Funcióndeuno, entidade promotora deste evento xunto coa asociación de queseros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios