O concurso de tapas de Monforte pechouse con máis de 30.000 petiscos vendidos

Finalistas y ganadores del sexto Cume Tapas. (TOÑO PARGA)
photo_camera Finalistas y ganadores del sexto Cume Tapas. (TOÑO PARGA)

Hai uns días a organización do sexto concurso de tapas de Monforte, Cume Tapas, daba a coñecer que o prato máis votado polos consumidores era o do local O Celler. Onte transcendeu o veredicto do xurado técnico e, ademais, o colectivo de hostaleiros comunicou que durante as dúas semanas que se prolongou o certame vendéronse 30.375 petiscos, unha cifra inferior á do ano 2013, cando se chegou os 36.759, pero superior á do 2012, cando se venderon 26.893 tapas. Os organizadores consideran que nun contexto de crise o dato é moi positivo e demostra que o certame se está estabilizando.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios