O Concello vilalbés arranxa as pingueiras do pavillón do colexio Mato Vizoso

O Concello de Vilalba iniciou os traballos para tratar de minimizar as pingueiras que afectan o pavillón do colexio Mato Vizoso da capital chairega, un problema que vén de lonxe e foise agravando co paso dos anos e que provocou queixas e incluso mobilizacións dos pais dos escolares.

Á espera aínda de poder contar cun financiamento suficiente para proceder ao cambio da cuberta para que a situación eméndese de forma definitiva, o goberno local apostou por empregar «medios do Concello para ir arranxando unha a unha as pingueiras e así poder garantir que se poida desenvolver actividade nestas instalacións».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios