O Concello pide que se controlen as escorrentías na obra do corredor a Lugo

O Concello de Monforte deu por solucionados os problemas na subministración de auga orixinados durante os últimos días polas intensas choivas que motivaron o arrastre de terra das obras do corredor cara a Lugo ata alcanzar o río Cabe e a zona de Ribasaltas. A consecuencia das escorrentías, a planta potabilizadora recibiu auga considerablemente enlodada e os sistemas de depuración foron incapaces de eliminar todos os residuos. Por iso o Concello solicita á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordenación que obrigue á empresa construtora a controlar as repercusións dos movementos de terra.

O concelleiro de servizos, José Luís Rodríguez Rivera, ratificou que «a pesar de saír a auga turbia, nunca houbo problemas de salubridade», pero considera que «é preciso facer algo coas obras do corredor para evitar que periodicamente no inverno nos afecten as escorrentías de tal xeito».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios