O Concello organiza outro ciclo musical con cancións de autor, jazz e folclore

Xavi Campos. josé mª álvez
photo_camera Xavi Campos. josé mª álvez

O Concello ribadense demostrou, unha vez máis, a súa aposta pola cultura e por dinamizar a vila, ao organizar un segundo ciclo do programa Músicas Posibeis, co que a localidade terá a oportunidade de gozar, ata o mes de novembro, de concertos de música de autor, folclore e jazz, grazas á colaboración da Deputación Provincial e da «xenerosidade» da Central Folque, que rebaixou o custo das actuacións nos concellos, como destacou onte o concelleiro de mocidade, Xavier Campos.

O primeiro dos concertos correrá a cargo da cantautora angolana Aline Frazao e será no Cine Teatro da vila, o vindeiro sábado, día 28 de abril, a partir das 21.00 horas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios