O Concello leva cinco anos sen abrir ao público o museo do mosteiro de Samos

Fotografía reciente del joven.
photo_camera Fotografía reciente del joven.

O Concello de Samos leva cinco anos para abrir o museo do mosteiro, cuxas obras se executaron no ano 2009 cun ‘obradoiro' de emprego. Para polo en marcha creouse unha fundación da que forman parte o Concello e a comunidade benedictina, aínda que está paralizada.

Os trámites para crear o museo comezaron xa no ano 2008, cando o pleno de Samos aprobou un convenio polo que o mosteiro cedía ao Concello por un período de 25 anos -prorrogables- as estancias para habilitar o espazo de exposición. As obras realizáronse a través dun ‘obradoiro' de emprego. No taller participaron 19 persoas no módulo de albanelería e seis no de restauración, que se encargaron de acondicionar espazos na planta baixa do claustro maior do cenobio, utilizados no seu día como talleres de carpintería, forxa e cerámica.

A IMAXE. Xornadas de portas abertas

O museo puido ser visitado en maio de 2011 con motivo da celebración dunhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as instalacións e unha exposición sobre a orde de Cluny e o Camiño Franco, aínda que a apertura oficial da mostra aínda non se produciu.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios