O Concello de Viveiro denuncia carreiras de coches e intenta erradicalas

Zona escolar, en Covas. (José Mª Álvez)
photo_camera Zona escolar, en Covas. (José Mª Álvez)

O primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández Cal, denunciou a existencia de carreiras de vehículos en varios puntos de Viveiro e propuxo no pleno do xoves a creación dunha comisión con todos os grupos políticos, a Policía Local e Tráfico para analizar varios temas de seguridade viaria no municipio, entre eles tratar de eliminar estas carreiras e controlar as velocidades ás que pasan os coches na área escolar a plena luz do día.

«Na zona escolar -limitada a 50- a miúdo pasan coches a unhas velocidades impresionantes, en horas de clase ás veces, ou se dedican a facer trompos na chaira do aparcadoiro do pavillón, onde ven as marcas das lamias no chan», asegura o socialista.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios