O Concello de Vilalba abrirá ao tráfico as rúas Basanta Silva e Foz nunha semana

Mejoras en la Rúa Castelao (Foto: C.Arias)
photo_camera Mejoras en la Rúa Castelao (Foto: C.Arias)

O Concello de Vilalba prevé abrir ao tráfico as rúas Foz e Basanta Silva a próxima semana, unha vez que finalicen os traballos de mellora de ambos os viarios, que mantiveron este espazo pechado á circulación rodada durante varios meses. Este feito xerou, incluso, as protestas dalgúns veciños.

O alcalde, Gerardo Criado, explicou que entre onte e hoxe está previsto finalizar a pavimentación da Rúa Basanta Silva, mentres que nos próximos días executarase o resto dos traballos pendentes nesta rúa, como a dotación de sinalización horizontal e vertical.

BACHEO
Melloras na Rúa Castelao

O Concello de Vilalba tamén realizou onte melloras na entrada da Rúa Castelao, cuxo firme está moi deteriorado, con numerosas fochancas, ao ser unha zona moi transitada por camións. O alcalde avanzou o seu desexo de reparar toda a travesía cando dispoña de fondos. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios