O Concello da Pastoriza reabre a oficina veterinaria tras un ano sen funcionar

Os gandeiros da Pastoriza, un dos municipios con maior censo de reses de España, teñen á súa disposición novamente unha oficina veterinaria, tras máis dun ano sen contar con este servizo ao decidir a Xunta de Galicia trasladalo a Castro de Ribeiras de Lea, tal e como recordou o alcalde, Primitivo Igrexas.

No seu momento, o Concello pastoricense tratou de evitar, sen éxito, o cambio de localización, dada a necesidade deste servizo nun municipio eminentemente agrario. Ao non logralo, buscou outras fórmulas para poder recuperalo, un obxectivo que finalmente se materializou grazas a un convenio subscrito coa Deputación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios