O Concello do Corgo sostén que o PXOM de Láncara ocupa o seu territorio

Un vehículo cruza el remozado puente de Vilanova, que luce sus nuevos elementos de protección. sebas senande
photo_camera Un vehículo cruza el remozado puente de Vilanova, que luce sus nuevos elementos de protección. sebas senande

O Concello do Corgo discrepa dos lindes entre o municipio e Láncara delimitados no PXOM do concello veciño. O goberno local, que lidera o popular José Antonio Ferreiro, sostén que dito plan, que acaba de autorizar a Xunta de Galicia, ocupa o seu territorio ao anexionar a Láncara unha área pertencente ao Corgo, no núcleo da Veiga de Anzois, polo que dará os pasos precisos para emendar ese erro.

O rexedor corgués apela a documentos dos anos 50 do século pasado, do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), para reclamar a área da polémica. Ferreiro admite que é unha zona pouco extensa, pero na que hai varias leiras agrícolas e un restaurante que «sempre foi do Corgo» -fronte á fábrica láctea que hai na Veiga de Anzois, que pertence a Láncara-. «Non queremos entorpecer os trámites do PXOM de Láncara, pero temos que defender o noso», razoa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios