O Concello de Meira organiza o 29 unha excursión ao balneario de Augas Santas

O Concello de Meira programa para o martes 29 deste mes unha excursión para maiores de 50 anos ao balneario de Augas Santas, en Pantón, na Ribeira Sacra.

Os interesados en participar nesta cita, que ten un custo de 20 euros por persoa, deberán anotarse antes do próximo venres, día 18, na oficina de Servizos Sociais do Concello meirego.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios