O Concello de Meira inicia a delimitación de 4 núcleos rurais

A corporación de Meira iniciou os trámites para realizar unha modificación puntual no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co fin de delimitar os núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes.

A documentación concernente a esta medida exporase agora ao público durante un mes, para que os veciños poidan consultala e presentar alegacións. Unha vez resoltos os posibles requirimentos, a delimitación terá que volver ser ratificada en pleno, para logo remitirlla á Xunta de Galicia. O goberno local estima que este proceso se prolongará durante varios meses,pero confía en que os trámites estean finalizados a inicios de 2014.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios