O Concello de Guitiriz acondiciona o pavillón

A concellaría de deportes de Guitiriz puxo en marcha un importante proxecto de mellora do pavillón polideportivo municipal, unha instalación deportiva usada a diario que apenas fora acondicionada desde a súa inauguración fai máis de 20 anos, salvo a mellora nas bancadas coa colocación de 300 asentos o ano pasado.

O proxecto, que se executará con fondos propios, conta cun orzamento de preto de 120.000 euros, que se investirán en diversas actuacións como a renovación completa do chan da superficie de xogo. «A goma é o orixinal do pavillón e está en mal estado, polo que podería chegar a supor un perigo para os deportistas», explica a edil de deportes, Ana Broz.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios