O Concello de Foz descarta comprar unha leira na área do Bispo Santo

Romería del Bispo Santo, el año pasado. (Foto: José Mª Álvez / AMA)
photo_camera Romería del Bispo Santo, el año pasado. (Foto: José Mª Álvez / AMA)

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, descartou onte que nos plans do Concello estea a adquisición dun terreo na área do Bispo Santo, cuxa madeira foi tallada hai pouco. «O goberno ten outras prioridades», asegurou e dixo sentirse estrañado de que a iniciativa para a compra parta «dun grupo que nos tacha de gastadores».

Foi Unifoz a formación que xa expuxo esa idea no último pleno municipal, porque ao seu xuízo a adquisición sería interesante «porque permitiría a conexión visual co mar e potenciaría un lugar tan importante para o tempo de lecer dos veciños». Ademais, os independentes, que xa rexistraron unha moción para o seu debate no próximo pleno, aseguran que a compra evitaría conflitos entre os veciños, «porque está moi preto das casas e o dono pode ter problemas se quere volver plantar».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios