Cervantes realizará unha "limpeza manual" dos petróglifos achados

Este descubrimento eleva a trece o número total de gravados identificados no municipio, segundo o rexedor

O alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, informou de que o concello afrontará o "delicado" labor de limpeza manual e conservación dos seis petróglifos achados a principios desta semana en Pena do Oso, na serra dos Ancares.

Para iso, avanzou que pedirán colaboración a outras administracións, en concreto á Xunta de Galicia, en tanto que posúe as competencias en materia de patrimonio. Trátase de seis petróglifos atopados a uns 1.160 metros de altitude nos Ancares en tres rocas da Pena do Oso, parroquia de Donís, preto da fronteira entre Lugo e León.

As cazoletas miden entre tres e sete centímetros de diámetros e teñen unha profundidade de entre medio e tres centímetros. Este achado eleva a trece o número total de gravados identificados no municipio, segundo o rexedor.

Comentarios