O Concello asumirá os terreos de Costas en Lavandeiras e Lodeiro

Explanada de Lodeiro. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ / AMA
photo_camera Explanada de Lodeiro. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ / AMA

O Concello de Viveiro avanza no longo proceso de reversión ao seu favor dos terreos de Costas en Lavandeiras e Lodeiro. O organismo estatal pediu unha serie de documentos, entre eles o acordo sobre o compromiso de dedicar as parcelas a fin de utilidade pública e interese social, que previsiblemente se aprobará no pleno municipal desta tarde.

A alcaldesa, María Loureiro, explicou que «xa está acordado con Costas» todo o proceso de reversión dos terreos, que o Concello ten en concesión desde o ano 1988 cunha vixencia de 30 anos. Con todo o ente local quixo que a superficie fóra da súa propiedade e iniciou os trámites solicitando a súa desafectación e cesión. Trátase de toda a chaira de Lavandeiras, en Celeiro, onde están infraestruturas como a piscina e o parque comarcal de bombeiros. No caso de Lodeiro é a superficie que alberga dotacións como o centro de saúde, o centro comarcal ou a gardería. Todo iso suma uns 100.000 metros cadrados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios