O comercio de Monforte e Chantada estuda abrir máis

O pequeno comercio pasa horas baixas desde hai anos e as directivas dos colectivos do sector de Monforte e Chantada opinan que, coa campaña de Nadal ás portas, os empresarios deben reformularse os seus horarios e animarse a amplialos os fins de semana, cando menos durante o mes de decembro. Refírense, en concreto, a abrir os sábados pola tarde e algún domingo crave pola mañá, porque a situación é moi dispar duns establecementos a outros.

Verónica Gayoso é a xerente do Centro Comercial Aberto de Chantada (CCA) e hai uns días participou con representantes doutros colectivos similares da comunidade galega nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para informarlles das axudas e os programas que porá en marcha a administración autonómica en relación á súa actividade. Pero máis aló diso, Gayoso tivo a oportunidade de debater con outros compañeiros a situación do pequeno comercio e ante os medios de comunicación explicou que un primeiro paso para competir cos establecementos máis grandes ou os centros comerciais é abrir os sábados pola tarde. Na vila do Asma, o pequeno comercio só abre os sábados pola mañá e Gayoso considera que se se quere evitar que os veciños se vaian a comprar a Lugo ou a Ourense, o primeiro paso é estar abertos cando a xente non traballa e ten tempo para ir ás tendas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios