O colectivo Eu Son recibe 1.500 euros da Deputación para un taller

Fernández Valle (izquierda) y Veiga. ama
photo_camera Fernández Valle (izquierda) y Veiga. ama

A Fundación Eu Son, que se dedica desde Burela a traballar con discapacitados intelectuais, acaba de asinar un acordo coa Deputación Provincial que permite á entidade continuar co seu traballo de venda e difusión de cerámica, que os alumnos realizan nun dos talleres ocupacionais que funcionan no centro.

O responsable das áreas de benestar social e deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asinou un convenio co concelleiro burelense Manuel Fernández Vale, como representante da fundación, por medio do cal a entidade recibirá unha axuda de 1.500 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios