O Club Ancares crea unha web e repasa o seu medio século de actividade

Un momento de la conmemoración del cincuentenario del Club Ancares. (Foto: AEP)
photo_camera Un momento de la conmemoración del cincuentenario del Club Ancares. (Foto: AEP)

Directivos e socios do Club Ancares celebraron onte no albergue de montaña de Piornedo o cincuenterario da historia da entidade. A efemérides foi conmemorada coa posta en marcha dunha páxina web, a edición dunha revista e unha exposición de fotografías e recortes de prensa sobre este medio século de actividade. A convocatoria completouse cunha mesa redonda na que participaron Miguel Ceniceros López, fillo do expresidente do club Víctor Ceniceros, e Isabel Cedrón Digón, filla dun dos alcaldes cervantinos que contribuíu a facer realidade este proxecto.

O medallista olímpico de piragüismo, Luís Gregorio Ramos Misioné, exerceu de mestre de cerimonias no acto de apertura da xornada. Acompañou o seu discurso cinco tañidos de campá, un por cada década de existencia do club. A construción do albergue e dunha Aula da Natureza constitúen os principais logros da sociedade, segundo o seu actual presidente, Alfredo Sánchez Carro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios