O CIM de Viveiro informa sobre estancias de tempo libre para nais soas

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro informa sobre a convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia de estancias de tempo libre en réxime de pensión completa para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo de solicitude está aberto ata o 12 de abril.

As estancias serán de entre 7 e 10 días -preferiblemente a finais de xuño ou principios de xullo- para 95 mulleres con fillos ao seu cargo residentes na comunidade. Os requisitos a cumprir é ser mulleres con fillos de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, estar domiciliadas en Galicia e que a renda per cápita da familia non supere o salario mínimo interprofesional. Outra condición é non padecer unha enfermidade infecto-contaxiosa, nin a nai nin os fillos.

As mulleres interesadas en recibir máis información sobre esta iniciativa poden acudir ao CIM, situado nos claustros de San Francisco (Avenida de Cervantes s/n), ou ben chamar aos teléfonos 982.56.21.49 ó 982.55.04.21.

Comentarios