O Cim de Burela abrirá o luns o prazo para anotarse a tres cursos

O Centro de Información á Muller (Cim) de Burela abre o luns o prazo para anotarse aos tres cursos de tempo libre que ofertan para este ano, e que son de manualidades, bordado e palillos.

As inscricións poden facerse de luns a venres, en horario de oito a tres, na casa consistorial, onde ten a súa sede o Cim. As interesadas teñen que ter abonado a taxa que este ano se cobra polo curso e só recolleranse dúas inscricións por persoa, á que se lle requirirá a presentación do DNI, pois unha das solicitudes debe ser da persoa que acuda a inscribirse.

A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, recorda que este ano non se admiten inscricións por teléfono, aínda que se pon un número, o 982.58.06.09, ao servizo das interesadas para aclarar as súas posibles dúbidas.

Os cursos promovidos desde o Cim ten unha compoñente formativa e outra, non menos importante, de relación social, xa que o que se busca con estas actividades é fomentar as relacións entre as mulleres. Ademais, desde o Cim promóvese charlas sobre diversas cuestións.

Balneario

A concellaría de Servizos Sociais ten aberto o prazo para que as persoas maiores de 50 anos e que pertenzan a algún colectivo local anótense para participar na viaxe, realizado en colaboración coa Deputación, ao balneario Oca Augas Santas, de Pantón, un programa que inclúe seis días de estancia nas súas instalacións.

Comentarios