''A champaña estará preparado gañen ou perdan''

Os integrantes de Lucus Ensemble, entre eles Santiago Noriega (á esquerda, sentado).
photo_camera Os integrantes de Lucus Ensemble, entre eles Santiago Noriega (á esquerda, sentado).

UNHA OPERACIÓN a corazón aberto para substituírlle a válvula aórtica non frea o entusiasmo que sente polo Burela FS, e polo deporte en xeral, Salomé Gómez Fernández, máis coñecida como Salomé do Poeta. O sábado, ás 18.00 horas en Vista Alegre, ten unha cita coas súas mozas, as do fútbol sala. Entregará a súa garganta e a súa enerxía na final fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero.

«A champaña estará preparado, gañen ou perdan», advirte Salomé, que non entende a derrota como sinónimo de fracaso. O camiño para chegar aquí xa merece un recoñecemento. «Non se se me deixarán entrar no pavillón coa botella; senón, déixoa no coche», afirma.

Pero a paixón de Salomé polo deporte vén de lonxe. Seguidora fiel da SD Burela, do Burela FS e agora da escuadra feminina, moitas mañás madrugou para preparar o almorzo aos deportistas. «Saían moi cedo en autobús, ás seis da mañá, e desde que era o Cefire eu preparáballes o almorzo», recorda.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios