O Concello de Rábade repartirá case 3.000 euros en premios na quinta edición do seu concurso de pintura de rápida, un certame co que pretende volver congregar este sábado, do mesmo xeito que en anos anteriores, a decenas de artistas.
Os interesados en participar, que deberán plasmar nos seus lenzos estampas ou imaxes representativas da localidade, deberán inscribirse na casa consistorial o mesmo día do certame, entre as nove e as dez da mañá, e disporán de prazo ata as cinco da tarde para completar a súa obra.
A modalidade e o estilo é libre, aínda que a organización estableceu unhas dimensións mínimas e máximas para os cadros.