O centro do viño presenta hoxe Viña Vella, ouro en Aosta

Una empleada del centro del vino muestra el caldo premiado. (Foto: A.S.)
photo_camera Una empleada del centro del vino muestra el caldo premiado. (Foto: A.S.)

O centro do viño de Monforte foi o lugar elixido pola sociedade agrícola de transformación (SAT) Virxe dos Remedios, con adega en Diomondi (O Saviñao), para presentar hoxe, ás oito da tarde, o seu viño branco Viña Vella, amparado pola denominación de orixe Ribeira Sacra, que acaba de recibir a medalla de ouro na vixésimo primeira edición do Concurso Internacional de Viños de Montaña que se celebrou na localidade italiana de Aosta.

O caldo premiado é un branco plurivarietal, ao dispor dun 60 por cento de godello, un 20 por cento de albariño e outro 20 de treixadura, uvas que a adega cultiva en catro hectáreas de viñedos repartidas en pequenas parcelas situadas en bancales dunha elevada pendente, o que fai obrigatorio o seu cultivo e recolección manual.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios