O Centro Cultural inicia cursos de baile e pintura este mes

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba iniciará este mes senllos cursos de pintura e manualidades e de bailes de salón, dentro da programación prevista para o último trimestre deste ano. O prazo de inscrición para ambos finaliza o próximo día 15, sábado.

O primeiro impartirase os mércores, de 19.00 a 21.00 horas, e empezará o día 19 e durará ata primavera. A cota por persoa é de 15 euros ao mes para os socios e de 20 para os que non sexan socios.

Para as clases de bailes de salón haberá dous grupos, os martes e os xoves, e empezarán os días 18 e 20. O horario será de 21.00 a 22.30 horas e os estilos que se ensinarán son vals, salsa, tango, merengue e chachachá.

O prezo ao mes por parella é de 30 euros para os socios e de 45 para os que non o sexan. A pesar de que o ideal é acudir en parella, os interesados tamén se poden apuntar individualmente.

Programación

O Centro Cultural e Recreativo tamén organizará o Ciclo Xpressionk, que contará cos concertos, ás 22.30 horas, dos grupos Mec Mecs, o día 15, e Doutor Boas Grazas, o 22, e o cantante Álvaro Murás, o 29. Ademais, o día 31 celebrarase o Samaín.

En novembro, haberá campionatos de tute, dominou e póker, ademais do segundo concerto, o día 26, do ciclo Xóvenes Intérpretes en colaboración coa banda municipal de Vilalba. Tamén se organizará unha viaxe á Cidade da Cultura. En decembro, haberá actividades do Nadal, unha festa exaltación do capón e un acto conmemorativo do 30 aniversario do local social.

Comentarios