O Cemit finaliza o curso de seguridade informática e inicia un sobre sitios web

Alumnos del curso de seguridad informática (Foto: Estévez)
photo_camera Alumnos del curso de seguridad informática (Foto: Estévez)

O Centro para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Cemit) de Sarria finaliza hoxe o curso de seguridade informática que desde o pasado martes imparte David Ares co obxectivo de que máis dunha ducia de alumnos de diferentes idades aprendan a protexer as súas computadoras de ataques cibernéticos. En breve os matriculados iniciarán o curso de creación de webs para móbiles.

As clases, que se desenvolveron en horario de 10.00 a 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 19.00 polas tardes, resultaron un éxito tanto de participación como de satisfacción para os alumnos.

Así, os estudantes finalizaron o curso sentíndose máis seguros fronte á pantalla do computador tras aprender a actualizar os controis de seguridade en Windows, instalar unha solución antivirus e coñecer o significado de termos como virus e malware, ou estudar nocións relativas a devasas e centros de seguridade.

A partir do xoves da próxima semana o Cemit inicia o curso de creación de webs para dispositivos móbiles, no que se abordarán temas como o deseño para plataformas móbiles, estudando as principais diferenzas entre as existentes hoxe en día e creando o seu propio sitio web móbil.

Tamén no Cemit e entre os días 25 e 27 impartirase outro curso dirixido aos pais con fillos menores de idade, para que sexan capaces de protexer aos mozos dalgúns riscos que pode levar a utilización de redes sociais e determinadas aplicacións.

Comentarios