sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

O CCR organiza este sábado o primeiro festival rock con cinco concertos

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba (CCR) organiza este sábado, día 20, o primeiro Festival Rock, que reunirá a cinco grupos, tanto de Vilalba como doutros lugares, incluso de fóra de Galicia, en varias horas de música.

A cita, que arrincará ás 22.00 horas no gran salón do Centro Cultural e Recreativo, prolongarase ata a madrugada e será gratuíta para todos o público.

Os vilalbeses Irmandades do Falo serán os encargados de romper o xeo e dar comezo aos concertos. Tras eles, un grupo chegado desde León e con nome de canción dos Ramones, Zero Zero Ufos, collerán a substitución sobre o escenario.

Os locais Postergel e Mi Perro Vincent e os compoñentes de Panel Sandwich, todos de Vilalba, pecharán a noite de concertos do primeiro Festival Rock promovido pola renovada entidade vilalbesa.

Outros actos

No calendario de actividades para o próximo mes de setembro, o Centro Cultural e Recreativo celebrará o sábado día 3 o VIN Campionato de Dominou, no que colabora a federación galega.

Do 5 ao 10 desenvolveranse as finais do campionato Fifa 2011 en pantallas xigantes e entregaranse os premios aos mellores xogadores.

O domingo día 17 será a quenda do Campionato de Futbolín, cun torneo multimesa que se celebrará no salón de actos do centro. Haberá premios e agasallos para repartir entre os participantes.

O seguinte domingo, día 24, volverá ser a quenda da música, coa celebración do Concerto de Novos Intérpretes, en colaboración coa banda de música de Vilalba.

Durante estes días, ademais, a pantalla xigante do centro proxectará os partidos de fútbol máis importantes. Así, o venres televisarase o Barça-Madrid e o venres 26 deste mes o Barça-O Porto. Ademais, a partir do día 21, co inicio da liga, o Centro Cultural e Recreativo proxectará todos os partidos de 1º División e os dos equipos galegos de Segunda.

O CCR organiza este sábado o primeiro festival rock con cinco...
comentarios