O Casino negocia con Portos renovar a súa concesión cun prezo ''asumible''

El presidente y el vicepresidente del Casino de Viveiro (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera El presidente y el vicepresidente del Casino de Viveiro (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

A directiva do Casino de Viveiro ten hoxe unha reunión crucial para o seu futuro con Portos de Galicia, con cuxos responsables tratará de chegar a un acordo para a renovación da súa concesión, que caduca dentro dun ano. O presidente, Alberto García, cre que o conseguirán aínda que avanza que a negociación máis dura será o prezo, actualmente de 700 euros anuais pero que segundo estima podería multiplicarse por 100.

«Non será unha prórroga da concesión, senón unha renovación e haberá unha revisión das tarifas, algo lóxico, porque a actual é de fai 30 anos, pero queremos que sexa asumible para o Casino, que non podería facer fronte a unha cantidade desorbitada», di García, que calcula que se a tarifa portuaria actual é de 4 euros o metro cadrado e o Casino ten 17.000, «poderían ser 70.000 euros», aínda que puntualiza que a esa cantidade pódenselle aplicar reducións, por exemplo, por tratarse dunha entidade sen ánimo de lucro ou por estar dedicada á náutica. «As reducións poden chegar ao 90%», afirma.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios