O capón de Vilalba celebra a súa gran cita o sábado a piques de recibir a IXP

Gonzalo Hermida, Gerardo Criado y Cheri Grandío. (Foto: M. Roca)
photo_camera Gonzalo Hermida, Gerardo Criado y Cheri Grandío. (Foto: M. Roca)

A capital chairega acollerá este sábado, día 20, a celebración da súa tradicional Feira do Capón, que será a última na que este produto vilalbés non estea amparado baixo a Indicación Xeográfica Protexida, tal e como avanzou o alcalde, Gerardo Criado, na presentación da cita.

O rexedor vilalbés comentou que a Xunta de Galicia está a piques de dar «o seu primeiro paso» coa publicación da entrega deste distintivo no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que «a feira do capón do ano que vén xa estea baixo a protección da IXP, polo que esta magnífica ave pasará a estar amparada pola Unión Europea».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios