O Cantón renóvase

O mundo da decoración de casas e establecementos de todo tipo ten un nome desde 1992 na cidade monfortina. El Cantón foi entón pioneira no mercado e tamén á hora de abrir unha tenda na Rúa Hortas, de onde se acaba de trasladar ao baixo do novo edificio que se construíu nos números 32-34 da Rúa Roberto Baamonde. O cambio de localización realizouse a principios da semana para seguir ofrecendo con máis comodidade todos os seus artigos e servizos tanto á xente da comarca como á de calquera parte da comunidade galega.

O Cantón abriu as súas primeiras portas en 1992 para ofrecer todo o necesario en decoración e converter calquera piso ou casa en todo un fogar con estilo propio no que o cliente ou ben elixe os artigos ou se deixa asesorar polo persoal do establecemento.

Nesta tenda de referencia pódense atopar mobles de todos os estilos, aínda que a especialidade son os clásicos e os rústicos, pero cun toque especial que os pon de actualidade. Tamén son de relevancia as existencias en mobles, xa sexan cadeiras de brazos, cadeiras, mesas, cómodas, aparadores, mesillas de noite, camas, cabeceros e auxiliares, entre unha ampla gama de produtos.

As alfombras que hai no Cantón chaman a atención polos seus deseños e cores, así como pola calidade dos materiais coas que se confeccionan. Aí xogan un gran papel as elaboradas con fibras naturais e materiais novos que as fan máis resistentes ao paso do tempo e á sucidade. Ademais hai moquetas e pavimentos vinílicos.

Os cadros e obxectos de decoración que hai no establecemento son perfectos para complementar calquera estancia, que loxicamente se entendería baleira sen cortinas. Tanto as clásicas como as de última tendencia pódense deseñar a medida partindo de todo tipo de teas, unha gama que tamén é máis que ampla cara á tapicería de calquera moble ou elemento.

As lámpadas, xa sexan de teito, auxiliares ou de aplique, completan a oferta do Cantón. Hainas de todos os estilos e prezos, do mesmo xeito que reloxos e complementos.

As últimas demandas en canto á decoración inicial das paredes son tidas en conta no establecemento. O regreso dos papeis para vestir as casas é evidente e por iso O Cantón ten unha gran variedade para que a clientela poida escoller, algo que ás veces se fai moi difícil, pero que o persoal do establecemento facilita en todo o posible grazas á súa gran experiencia e coñecementos de decoración.

__________________________________________________________

Vitoria Rey Quirogap / Propietaria

Vitoria Rey Quiroga, a propietaria de El Cantón, é unha experta e amante da decoración interior. «Decorar unha casa é unha necesidade para que todo estea en harmonía e co gusto dos seus propietarios. En El Cantón ofrecemos desde a decoración máis sinxela e con orzamentos reducidos ás máis esixentes. Os nosos prezos son moi competitivos e, en moitos casos, os máis axustados da zona, por exemplo en cortinas».

Vitoria Rey Quiroga destaca a importancia dos detalles e en gran medida do labor de instalar correctamente tanto cortinas como outros complementos. «A nosa proposta refórzase con profesionais de todos os sectores que atenden as necesidades dos clientes con total garantía».

Ademais dos servizos accesorios, as novas instalacións de El Cantón contan cunha nova oferta para facilitar aos clientes tanto as visitas aos establecementos como para recoller calquera artigo nos seus vehículos. «Dispomos dun amplo aparcadoiro propio na parte traseira do edificio, pola Rúa Conde, o que facilita moito aos clientes para que as súas visitas sexan máis sosegadas, xa que elixir calquera artigo para decorar débese facer sen présas», apunta Vitoria Rey.

Outra das seccións que ten moi boa acollida en El Cantón é a dedicada ao sacrapbooking, afección por elaborar e decorar libros de todos os estilos. «En El Cantón hai todo os elementos necesarios para dar renda solta e preparar libros con todo luxo de detalles, eses libros que sempre formarán parte da nosa vida», sinalou Vitoria Rey.

«Dispomos dun aparcadoiro propio, o que facilita que as visitas sexan máis sosegadas»

Comentarios