A calor chega a Galicia, e para quedar

Aínda que se fixo de rogar e estivo precedido por xornadas de choivas, por fin, o tempo propio desta época do ano preséntase en Galicia. A causante é unha masa de aire cálido que procede do norte de África e que alcanzou a Comunidade hai uns días.

Os calorosos e amantes da praia están de sorte porque, segundo indica Meteogalicia, o sol non ten intención de marcharse e continuará provocando altas temperaturas durante unha ''boa tempada''.

Deste xeito, predice para estes días ceos despexados, só con algunha que outra nube na zona do norte que podería ocasionar algún que outro chuvasco. Así mesmo, as temperaturas comenzarán a experimentar subidas de maneira progresiva.

Comentarios