O BNG segue esixindo que Currás dimita

O BNG de Santiago de Compostela esixiu hoxe a inmediata dimisión de Ángel Currás por ser un alcalde dobremente imputado, "á cabeza" dun equipo de goberno con 10 dos seus membros implicados nalgunha causa xudicial.

A petición de Cela, reflectida en conferencia de prensa, produciuse minutos despois de que Currás recoñecese a existencia de expedientes disciplinarios abertos ao outrora mando da Policía Local José Antonio Carril, que o denunciou por acoso moral e prevaricación ao considerar que foi apartado de xeito ilegal do seu cargo.

O portavoz do grupo municipal, Rubén Cela, tras as declaracións de Currás ante a xuíza esta mañá, considerou que "Santiago non merece un alcalde sen credibilidade, consciente do que sucedía sen facer nada para impedilo".

Cela non entende que o PP de Ourense faga un "paripé de códigos éticos e sosteña que un alcalde reprobado, recusado e imputado non pode seguir á fronte dun Goberno municipal" cando na capital galega o PP deixa na alcaldía a Currás.

O BNG pide "tolerancia cero coa corrupción e coas malas prácticas" e "a dimisión inmediata de todos os cargos públicos imputados".

Comentarios