O BNG de Monforte quere que a Xunta ceda o parque da Florida

O grupo municipal de goberno de Monforte, do BNG, quere que a Xunta aclare a súa posición respecto ao parque de lecer do barrio da Florida, unha dotación que foi creada pola administración autonómica hai seis anos e que desde entón a atende o Concello. Os nacionalistas levan unha moción ao próximo pleno para que acorde dirixirse á Xunta coa finalidade de que se produza unha cesión ao non atender o seu mantemento.

A concelleira Pilar López Martínez será quen defenda a moción. Explica no texto que en varias ocasións demandouse á Consellería de Medio Ambiente que se fixese cargo da limpeza e conservación da área, ante o que non se obtivo resposta algunha. Por iso estima que, de seguir facéndoo o Concello, deberá pasar ás súas mans, tamén para facer unha serie de reformas.

Comentarios