O BNG proporá á Xunta que ''impulse'' a protección da intimidade en casos de violencia que afecten a menores

O BNG considera que no tratamento da morte da pequena Asunta Basterra os medios de comunicación obviar ou incumpriron "moitos dos dez puntos" das recomendacións do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia sobre os casos de violencia que afecten a menores.

O grupo parlamentario do Bloque rexistrou hoxe unha proposición non de lei coa que pretende instar á Xunta a analizar "e impulsar, no seu caso, o cumprimento por parte dos medios de comunicación, públicos e privados, dos códigos deontolóxicos e das recomendacións" sobre estes casos.

Para a proponente, a deputada Carme Adán, "o crime de Asunta Basterra fixo saltar todas as alarmas sobre un tratamento informativo que incluso pode chocar coa protección do menor, da súa imaxe e intimidade", informou o BNG nun comunicado.

Por iso, cre que a Cámara debe apoiar o informe emitido polo Colexio para estes casos.

Para o Bloque, o tratamento informativo da imaxe dun menor "é unha cuestión complexa e de máxima importancia", polo que espera o apoio do resto dos grupos do Parlamento de Galicia.

Comentarios