O BNG presenta unha candidatura en Sarria con sete caras novas

Miembros de la candidatura del BNG en Sarria. porto
photo_camera Miembros de la candidatura del BNG en Sarria. porto

O BNG presentou a súa lista electoral para as próximas eleccións municipais en Sarria, que ten sete caras novas.

Os nacionalistas deron a coñecer a totalidade dos nomes cos que participará na próxima cita electoral nas inmediacións da antiga prisión comarcal. A candidatura está encabezada polo actual tenente de alcalde e concelleiro de cultura e medio rural, Xermán Arias, e o profesor e secretario do instituto Gregorio Fernández da vila, Luís Ángel López Melle, como número dous.

No terceiro posto repite a moza Mónica López Rodríguez e como cuarto da lista sitúase o empresario Efrén Castro Caloto. O primeiro tramo da candidatura complétase con Elvira Pallares Galego, presidenta da asociación Sarricanta, no quinto posto.

Séguenlle o técnico electrónico Fernando Xosé López Campo, a filóloga María Casar Díaz, o enxeñeiro técnico industrial Óscar Rodríguez López, a licenciada en ciencias políticas Lucía López Sobrado e o técnico de elevadores Xesús Sergio Cela Prado.

Completan a lista Adela Fernández Armesto, Felipe Fernández Rodríguez, Patricia López López, Xosé Manuel Varela López, Sabela López López e Xosé Luís Castro Páramo. Pecha a candidatura a deputada autonómica Ana Belén Pontón Mondelo.

O BNG destacou que a lista ten unha media de idade de 35 anos e que foi renovada nun «41,20 por cen, na media de renovación do BNG en Galicia».

Comentarios