O BNG pide "blindar" os xulgados de violencia de xénero nas vacacións

Os nacionalistas inician unha campaña de recollida de firmas para que se designe un xuíz substituto na Coruña e garantir a apertura "os 12 meses do ano"
Ana Pontón junto con Avia Veira, portavoz local del BNG en A Coruña, delante de los juzgados coruñeses
photo_camera Ana Pontón junto con Avia Veira, portavoz local del BNG en A Coruña, delante de los juzgados coruñeses

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha lexislación que "blinde" que os xulgados de violencia de xénero non poidan "pechar por vacacións" e garantir así a súa apertura "os 12 meses do ano". Así o manifestou, en declaracións aos xornalistas durante un acto de recollida de firmas para esixir que se cubra a praza do xuíz titular de violencia de xénero na Coruña durante o mes de agosto.

Ante os xulgados coruñeses, a dirixente nacionalista ha pedido á Xunta que abandone o "conformismo" ante a decisión do Goberno central de non substituír ao titular no Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña.

Pontón ve "insuficientes" as leis e reclama unha lexislación que garanta a apertura todo o ano dos xulgados de violencia de xénero, que "non poden pechar por vacacións".

"Se a violencia de xénero se exerce durante todos os días do ano, os medios para loitar contra ela deben estar activos os 365 días do ano", asegurou a dirixente nacionalista.

"PROBLEMA DE PRIORIDADES". Ademais, a portavoz do BNG considera que se trata dun "problema de prioridades" e non acepta "escusas". "Se o Goberno central acaba de incrementar en máis de 7.000 millóns de euros os recursos para armamento militar, non pode dicirnos que o Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña está pechado por falta de medios", critica.

Pontón chamou á sociedade a que se involucre na denuncia do peche en vacacións do Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña. Unha petición á que se sumou a concelleira do BNG no Concello da Coruña, Avia Veira.

Comentarios