O BNG, disposto a reunirse de novo con Anova

O BNG informou hoxe da súa disposición de reunirse de novo con Anova para falar de hipotéticas coalicións ante as eleccións europeas, unha vez entende que a discusión sobre participación de forzas estatais (EU) está superada, xa que pola contra, advirte, a reunión sería "estéril".

En nota de prensa, os nacionalistas sinalan que están dispostos a unha reunión solicitada por Anova para perfilar unha candidatura unitaria de forzas nacionalistas de esquerda galegas, vascas e catalás e, eventualmente doutros territorios, aínda que deixando á marxe a discusión de partidos estatais.

"Con ese obxectivo -noutro caso sería unha reunión estéril- o BNG concorda manter esta reunión para explorar as posibilidades dunha candidatura", apunta o comunicado.

O Bloque "deixa claro" que non comparte "o interese expresado por Anova en intentar unha coalición con forzas estatais, incluída a posibilidade de ir nunha coalición con EU, por considerar que o proxecto político nacionalista para Galicia non pode desfigurarse a través da supeditación a ningunha forza de carácter estatal".

Comentarios