O BNG de Burela ve ''discriminacións'' na elaboración do Plan Xeral

Parga y Cando, ayer, en la sede del BNG de Burela (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Parga y Cando, ayer, en la sede del BNG de Burela (Foto: José Mª Álvez)

A portavoz do BNG de Burela, Neves Cando, e o parlamentario burelense, Manuel Parga, compareceron onte para denunciar o que eles consideran «discriminacións» que aparecen no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da localidade cuxa aprobación inicial foi o pasado mes de febreiro e que nestes momentos atópase en fase de exposición pública ata o próximo 8 de maio.

Neste sentido, os nacionalistas aseguran que os 25 polígonos marcados en chan urbano non consolidado, é dicir aqueles terreos nos que se necesitan obras e reparcelamentos de leiras para poder edificar, están trazados «arbitraria e discriminatoriamente, por exemplo as cesións de terreo no caso da apertura de rúas caen so para un lado». Así mesmo, denuncian que serán os propios veciños os que terán que custear a apertura de novos viarios e as dotacións, «algo que terá un impacto económico moi amplo».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios