O BNG critica o illamento da comarca na rede ferroviaria

Illada. Así queda a comarca en conto ás comunicacións por ferrocarril, segundo recóllese na Rede Europea de Transportes, unha proposta «na que non se recolle o paso de ningunha vía férrea por A Mariña», segundo denunciou onte o BNG. Para que se modifique esta situación e mellórense outras infraestruturas de comunicación o Bloque xa anuncia a realización de accións de protesta, que empezarán coa presentación de mocións en todos os concellos da comarca.

A análise dos cargos nacionalistas, que onte se reuniron en Foz, reflexa situacións como que a zona queda sen conexión, tanto de mercancías como de pasaxeiros, cos corredores Atlántico e Cantábrico, un agravio ao que suman o feito de que os únicos portos de interese xeral do Estado que quedan sen conexión ferroviaria son os de Ferrol e San Cibrao. Para este último «aínda que se recolle na planificación non se destina ningunha partida para acometer investimentos, e tampouco se fixa ningunha vía de conexión coas redes transeuropeas, o que convida a pensar que non existe ningún tipo de vontade en proceder á apertura do dique norte», lamenta o portavoz comarcal, Antonio Veiga.

«Morte»

A marxinación en canto a infraestruturas é «a morte para o norte galego», segundo denuncia Veiga, pois nunha situación similar á Mariña quedan Ortegal e Ferrolterrra, o que supón un «freo importante» para o desenvolvemento do potencial económico destas áreas. Incide na importancia que as comunicacións teñen para o desenvolvemento da actividade produtiva, pero tamén para facilitar a mobilidad de persoas e mercancías, polo que critica o investimento «cero» do goberno central na comarca, que é quen propón as melloras á Comisión Europea.

Comentarios