O BNG afirma que o PP ''non se atreve'' a pedir a dimisión de Orozco por Currás e Prado

A portavoz do grupo municipal do BNG, Paz Abraira, afirmou que o Partido Popular "non se atreve en Lugo a pedir a dimisión do alcalde", José López Orozco, pola súa imputación na Operación Pokemon, porque entón terían que facer o mesmo co rexedor de "Santiago", Ángel Currás, e co seu portavoz "Paula Prado".

En declaracións aos medios de comunicación, Paz Abraira, pediulle ao Partido Popular, e en concreto ao seu portavoz, Jaime Castiñeira, "que aclare se esixen ou non a dimisión de López Orozco".

Desde o seu punto de vista, "o PP só trata de desviar o foco de atención sobre un asunto", a chamada Operación Pokemon, no que tanto o portavoz municipal, Jaime Castiñeira, como o presidente de provincial do partido, José Manuel Barreiro, aparecen "citados".

Nese sentido, Abraira recordou que "o BNG é a única forza que non aparecen na Pokemon, porque non negociou coas empresas, como fixeron Castiñeira e Barreiro".

Comentarios