O Bloque pedirá ao Executivo que remate os tramos da A-8 de xeito urxente

Los nacionalistas, en la N-634 en A Espiñeira. (Foto: AMA)
photo_camera Los nacionalistas, en la N-634 en A Espiñeira. (Foto: AMA)

A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Rosana Pérez, presentou onte unha batería de preguntas e iniciativas nas que denuncia o abandono das estradas estatais ao seu paso pola Mariña e esixen a súa mellora. A deputada, acompañada de cargos orgánicos e institucionais de Cervo, Burela, Barreiros, Foz, Ribadeo e Mondoñedo, esixe ademais ao Goberno central que termine, con urxencia, todos os tramos da Autovía do Cantábrico A-8.

Rosana Pérez atribúe as deficiencias viarias á falta de investimentos en mantemento e sinalización. A nacionalista recalca que esa situación obriga aos usuarios das vías a atravesar «auténticas fochancas».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios