O Bloque leva a polémica ao izado das bandeiras azuis de Barreiros

Izado de una bandera azul en Barreiros (Foto: AMA)
photo_camera Izado de una bandera azul en Barreiros (Foto: AMA)

O Concello de Barreiros izou o domingo as sete bandeiras azuis concedidas aos seus areais, circunstancia que o BNG aproveitou para recordar que a súa concesión non pode ocultar «ou estado urbanístico e ambiental do Concello».

Para o Bloque, esta designación non debe esconder «a verdadeira realidade» do municipio mariñán, do que os nacionalistas consideran que posúe «graves carencias de infraestruturas», y denuncian las diferencias entre los propósitos de ADEAC y del plan sectorial elaborado por la Xunta «co que actualmente se pode apreciar na realidade urbanística de Barreiros».

Desde o grupo municipal nacionalista recordan que para ADEAC, «o obxectivo da bandeira azul a medio prazo é conseguir un desenvolvento sostible do turismo e unha xestión ambiental no conxunto do litoral do municipio».

Tamén se refiren á necesidade de seguir as bases deste organismo no disposto en canto a que «nunca as infraestruturas esixidas por bandeira azul poden ni deben constituirse en argumento para alterar o carácter natural de determinados paraxes naturaies», ademais de que a concesión destes galardóns non pode ser unha desculpa no caso de que se produza un fenómeno de masificación no municipio.

O BNG alude ademais ao plan sectorial realizado pola Xunta de Galicia, no que se explica claramente cales eran e seguen sendo os principais problemas urbanísiticos e ambientais de Barreiros, «problemas de infraestructuras que seguen sen subsanarse, o que demostra ás claras que as cousas se fixeron sen moito rigor, tanto á hora de cumprir cos obxectivos da ADEAC como á hora de xestionar o urbanismo en Barreiros e non digamos xa á hora da concesión de licenzas».

Reflexión

Tendo en conta estas circunstancias, o BNG chama á reflexión por parte de representantes municipais e cidadanía para implantar unha concienciación colectiva sobre «como xestionar os nosos recursos naturais, de como preservalos e mantelos no tempo para as xeracións vindeiras».

Deste xeito, segundo o Bloque, avanzaríase cara a un futuro «máis esperanzador no que tería cabida un desenrolo máis sostible, imposible nos tempos de inmediatez e celeridad que vive Barreiros, onde só parece importar gañar unha estéril batalla contra as comarcas mariñanas colindantes por ver quen ten mái bandeiras azuis».

Esa celeridade, piden os nacionalistas en Barreiros, é a que deben ter as institucións, «pero non para competir co veciño polas bandeiras, senón para dotarnos dos instrumentos necesarios para a xestión sostible do noso territorio, léase o PXOM». Dese xeito, sinalan, será moito máis factible manter «as preciosas praias das que nos dotou a natureza pero tamén o seu entorno, que era tamén o que as facía únicas e diferentes».

Comentarios