O Bloque de Lourenzá critica os recortes en servizos do goberno local

O BNG de Lourenzá criticou onte os recortes en determinados servizos que está a levar a cabo o goberno local, que ao seu xuízo, son froito das medidas de contención de gasto que chegan tarde e de xeito desorganizado e improvisado. «Alagamos o novo espírito aforrador do PP, pero entendémolo mal encamiñado e non parécenos lóxico que non pódase prestar axuda ao colexo público para financiar viaxes culturais mentres o concello ten un gasto que se achega ós 18.000 euros en telefonía», explica o edil César Campo e engade que tampouco é entendible «como se poden gastar case 6.000 euros na adecuación de aparcadoiros cando a concesión dos terreos so é ata outubro».

Así mesmo, denuncian que o equipo de goberno manteña que o servizo de atención a domicilio está totalmente cuberto, cando aseguran ter constancia de que «se están a rexeitar solicitudes, é mais algúns veciños viron recortado o servizo en canto ó tempo de prestacións recibidas, pasando de dous días semanais a só un día».

Por todo iso, desde o Bloque reclamaron por escrito o desglosado dalgúns pagos efectuados en 2010 (algún alcanza os 166.000 euros) e os dereitos pendentes de cobro que se reflicten na liquidación do ano pasado. «Entendemos a necesidade de recurtar gastos, pero antes de facelo suprimindo servizos, o señor alcalde debería explicarnos porque hai dereitos pendentes de cobro dende 1996», afirman.

Comentarios