O Bloque asegura que o alcalde cobra excesivas dietas por desprazamentos

O BNG de Burela denuncia as múltiples dietas que cobra o alcalde, José María González Barcia, por viaxes dos que non se sabe con claridade cal foi o motivo do desprazamento nin as xestións realizadas neles. Segundo un documento achegado polo grupo nacionalista, no último decreto, con data de finais de agosto, figuran 29 facturas de visitas a Lugo, A Coruña, Ferrol, Santiago, Madrid e Medina del Campo, que foron realizadas desde principios de abril ata mediados do mes de agosto.

No que vai de ano, o rexedor acumulou dietas de 52 viaxes, que supoñen un total de case 5.400 euros. Os desprazamentos que presentan un custo maior son dous realizados a Madrid, con máis de 400 euros gastados en cada un; un a Medina del Campo, ao que destinou case 350, e varios a Santiago, a maioría dos cales superan os 100 euros cada un, aínda que algúns dos efectuados a Lugo tamén exceden esa cantidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios