O belga De Gendt imponse en Xixón

Froome segue á fronte con 1.37 minutos de vantaxe na Volta sobre o italiano Vincenzo Nibali
Thomas de Gendt, en la llegada a meta
photo_camera Thomas de Gendt, en la llegada a meta

O belga Thomas de Gendt (Lotto Soudal) impúxose na decimonovena etapa da Volta disputada entre Caso e Xixón cun percorrido de 149,7 quilómetros na que o británico Chris Froome (Sky) mantivo a camisola vermella de líder.

De Gendt, de 30 anos, alzou os brazos cun tempo de 3.35.46 horas, por diante do colombiano Jarlinson Pantano (Trek) e do español Iván García Cortina (Bahrain), o máis rápido no grupo de 9 corredores que disputaron a etapa.

O grupo de favoritos, despois de neutralizar un ataque de Contador, entrou na meta a 12.13 minutos do vencedor.

Sen cambios na xeral con Froome á fronte con 1.37 minutos de vantaxe sobre o italiano Vincenzo Nibali e 2.17 respecto ao holandés Wilco Kelderman (Sunweb). Contador segue quinto a 3.34 minutos.

A vixésima etapa dispútase este sábado entre Corvera de Asturias e o Alto de L'Angliru, cun percorrido de 117,5 quilómetros.

Comentarios