O Concello burelense homenaxea a Irene Rico polo premio alcanzado

Recepción de Irene Rico en el concello de Burela. josé mª álvez
photo_camera Recepción de Irene Rico en el concello de Burela. josé mª álvez

O Concello de Burela quixo render tributo a Irene Rico, a nena que resultou gañadora do concurso ‘¿Que é un Rei para ti?' por parte de Galicia. Este certame considerou que o traballo de Rico foi o máis representantivo da comunidade para poder ser ensinado ao Rei.

O Concello burelense, co rexedor local José María González Barcia á fronte, destacou o labor realizado por Irene Rico, así como realizou «un recoñocemento polo traballo ben feito», explicou o alcalde. O Concello agasallouno cun precioso prato de Sargadelos. No acto estiveron presentes varios membros da corporación local, como o ex alcalde Alfredo Llano, así como familiares da homenaxeada e persoal do Ceip Vista Alegre, colexio no que Rico estuda sexto de Primaria.

Agora este excelente traballo, no que se representa a Don Juan Carlos e a Dona Sofía ataviados con traxes típicos de varias comunidades autonómas sobre un mural co mapa de España, será entregado en man ao Rei. «Para o Concello e para os veciños de Burela é todo un orgullo o traballo feito por Irene Rico», destacou José María González Barcia.

Irene Rico destacou que non esperaba recibir este premio, pero que lle causaba unha «gran ilusión».

Comentarios