O ataque á web do PP, 'trending topic' en Twitter

Un usuario mira la página del PP de Foz (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Un usuario mira la página del PP de Foz (Foto: José Mª Álvez)

O ataque que sufriu a páxina web do Partido Popular de Foz polo grupo internacional Anonymous na tarde noite do pasado domingo non pasou desapercibida para case ninguén. Así, o tema PP de Foz foi un dos máis recorrentes en Twitter chegando a estar no quinto posto dos ‘trending topic', é dicir, os temás máis recorrentes dos que se fala nesta rede social.

Pero desta noticia que adiantou O Progreso tamén se fixeron eco numerosos medios nacionais e páxinas web, aos que estrañou que unha vila como Foz e a agrupación do PP fose atacada por un grupo internacional.

Onte pola mañá, o PP de Foz denunciou no cuartel da Garda Civil o ataque sufrido o domingo e, xa pola tarde, non aparecía a mensaxe do grupo Anonymous, que clamaba contra o actual sistema político e económico.

Javier Castiñeira, alcalde de Foz, decatouse de ataque o domingo sobre as 23.30 horas e recoñeceu que recibira moitas chamadas despois do ler a noticia no Progreso. Aínda que non quixo deixar claro que este grupo internacional tivese unha conexión en Foz «porque sería moi raro, se é verdade que hai blogues e páxinas en facebook que están ao límite do respecto e da educación en canto a esta formación, e desde logo dá que pensar», comentaba o político focense.

Comentarios