A arte do aroma e o sabor

Álex Díez, al lado de sus máquinas tostadoras de café. (Foto: M. Roca)
photo_camera Álex Díez, al lado de sus máquinas tostadoras de café. (Foto: M. Roca)

Un aroma a café, suave e á vez intenso, alaga a nave do polígono de Vilalba na que está instalada desde hai un ano a empresa Café Primordiale, un torrador artesán que aposta por sacarlle o maior rendemento a este produto do xeito máis natural.

Dúas máquinas torradoras, unha con capacidade de oito quilos e outra de maior tamaño, para 30, son os instrumentos que ten Álex Díez para sacar adiante a produción, practicamente diaria, deste café, que se distribúe en pequenas tendas de alimentación, como é o caso de Prestes, na capital chairega.

A súa aterraxe en Vilalba foi algo casual, xa que tiña a fábrica en Barcelona, onde distribuía en hostalería, e trasladouse á provincia lucense, de onde é a súa muller. Pero a súa filosofía segue sendo a mesma: «Que a xente poida aproveitar todo o que sabemos deste produto e poida tomar un gran café na súa casa».

DISTRIBUCIÓN
Medio centenar de puntos de venda

A empresa vilalbesa Café Primordiale conta actualmente co seu produto destinado ao consumo caseiro nuns 50 puntos de venda en toda Galicia, principalmente na provincia de Lugo, onde o propio Álex Díez ocúpase da súa distribución. Na da Coruña, contan con outra persoa dedicada a iso e esta semana empezará un novo distribuidor para o resto de Galicia. Aínda que os seus envases van a tendas de alimentación, Álex Díez confía en introducirse aos poucos na hostalería. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios