A árbore como protagonista

Alumnos del colegio Gregorio Sanz de Ribadeo, escuchando al edil de medio ambiente.
photo_camera Alumnos del colegio Gregorio Sanz de Ribadeo, escuchando al edil de medio ambiente.

o protagonista onte foi a árbore, non en balde celebrábase o seu día mundial, pero tamén os nenos, porque foron os colexios os que albergaron as actividades para conmemorar a efeméride.

En Burela, os alumnos de 4º B do colexio Vista Alegre plantaron un limonero acompañados da súa profesora e da concelleira de medio ambiente, Patricia López Eijo e os usuarios da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña unha higuera. Hoxe tócalles a quenda aos nenos do Virxe do Carme, que porán un acivro. Estas árbores foron os que tiveron que adiviñar no xogo Que árbore é?, que estiveron a desenvolver nos últimos días.

Os escolares tamén foron os protagonistas en Cervo. Alí, máis de 200 estudantes subiron ao monte de propiedade municipal Escarabelada. Plantaron árbores autóctonas, sobre todo castaños, acompañados do alcalde, Afonso Villares, da delegada da Xunta, Raquel Arias e do xefe territorial de Medio Rural, Ramón Losada. Nas tarefas axudáronlles o persoal do distrito forestal de Viveiro e os alumnos da escola taller municipal.

En Ribadeo os actos desta xornada centralizáronse no colexio público Gregorio Sanz. Ata o mesmo desprazouse o concelleiro de medio ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro. Explicoulles diversas cuestións vinculadas coas plantacións de árbores ou incluso coas de plantas de xardín e como traballalas e coidalas. Os nenos ribadenses, acabadas as O futuro sanitario da comarca ten aos cidadáns coa mosca detrás da orella, porque as versións que dan uns e outros do tema pásanse de opostas.

O supermercado Gadis de Ribadeo reabriu as súas portas con 1.500 metros cadrados de superficie

O Gadis ribadense reabriu as súas portas cun persoal de 35 traballadores, que prestan un servizo de atención ao cliente profesional e personalizado. Conta con máis de 1.500 metros cadrados de superficie e configurouse para dar maior comodidade aos clientes.

Oito alumnos do Marqués de Sargadelos quedan finalistas do Rally de Matemáticas de Igaciencia

Oito alumnos de 3º de ESO do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao quedaron finalistas xunto a outros dous centros galegos do Rally de Matemáticas organizado por Igaciencia. Na seguinte fase seleccionarase o centro que irá á final do 17 de maio en Toulouse. ama

A asociación de comerciantes de Foz presentou a Ruta dás Tapas prevista para os días 29 e 30

A asociación de comerciantes de Foz presentou onte a Ruta dás Tapas, unha actividade que se celebrará os días 29 e 30. En total serán 23 locais os que sirvan tapas de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas. Un xurado profesional elixirá as tres mellores.

Comentarios