sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

O alcalde de Xove confía en que o incendio forestal quede controlado en breve

Demetrio Salgueiro considera que o lume quedará controlado "en pouco tempo" pese o "forte vento" que sopra na costa de Lugo

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, informou de que o incendio forestal que afecta á parroquia de Monte, nese mesmo municipio lucense, está "practicamente controlado" por parte do dispositivo de extinción da Xunta de Galicia, aínda que nestes momentos sopra na costa de Lugo "un vento moi forte" que dificulta os traballos das brigadas.

En calquera caso, o rexedor local expresou a súa confianza en que, a pesar de que ese vento que sopra do sur está a propiciar que se propaguen as chamas, o lume quede controlado "en pouco".

O lume comentou a pasada madrugada, ás 00:23 horas, e na súa extinción están a participar un técnico, catro axentes forestais, oito brigadas e cinco motobombas.

Segundo o rexedor local, a maior parte das 20 hectáreas que resultaron afectadas, son monte raso ou leiras de eucalipto "de nova plantación".

O alcalde de Xove confía en que o incendio forestal quede...
comentarios